Recursos didácticos

Para comprender os aspectos básicos da interrelación entre a enerxía, a sociedade e o clima facilitámosvos os seguintes recursos didácticos: (Próximamente dispoñibles)

Presentacións

Xogos

Glosario de termos

Recursos didácticos

Para realizar este percorrido preparamos materiais explicativos dos conceptos de electrotecnia, enerxías renovables, como eólica, solar e hidroeléctrica, o almacenamento enerxético, a factura da luz e a distribución da Enerxía.

Unidades Didácticas

  U.D.1. Electrotécnia

   U.D.2 Enerxía solar fotovoltaica

   U.D.3 Enerxía eólica

   U.D.4 Hidroeléctrica

   U.D.5 A factura da luz

   U.D.6 Almacenamento

   U.D.7 Distribución de enerxía eléctrica

O Kit Arduínio

Para aqueles que participades na Proba 2 da olimpíada propoñemos un ensaio cun kit de Arduíno para coñecer a calidade do aire dos vosos centros e fogares ademáis de estimar o potencial solar da zona.

O kit Arduíno recibirédelo no voso centro a finais do mes de decembro. Ademáis, deixámosvos aquí un manual para saber como empregalo e traballar con el.

Manual-kit-arduino

Recursos didácticos

Para traballar na aula, achegámosvos unhas transparencias con contidos teóricos . Están divididas en 6 unidades didácticas curtas, cada unha centrada nun tema en concreto. Veredes que conteñen numerosos esquemas e grafos, coa idea de que os poidades completar vós coas explicacións que vos proporcione o/a docente.

Unidades Didácticas

  U.D.1. Introdución

  U.D.2. Conversión de enerxía térmcia

 U.D.3. Fundamentos da combustión

  U.D.4 Combustibles convencionais

 U.D.5. Novos combustibles

  U.D.6. Emisións da combustión

Guías didácticas para o docente

Para os profes, achegamos tamén unha guía didáctica cos contidos de cada unha das unidades didácticas.

  Guía didáctica docente U.D.1

  Guía didáctica docente U.D.2

  Guía didáctica docente U.D.3

  Guía didáctica docente U.D.4

  Guía didáctica docente U.D.5

 Guía didáctica docente U.D.6

Problemas

Por outra banda, deixámosvos unha colección de problemas sobre combustión e aproveitamento da enerxía térmica.

   Solucionario de problemas (solicitar a organización)

   Problemas sobre combustión e aproveitamento da enerxía térmica

Recursos didácticos

Nesta unidade temática atoparás dúas presentacións para empregar na aula, que combinan información expositiva con contido interactivo. Tamén se propoñen pequenos debates, moi breves, para provocar a reflexión e o debate aberto sobre cada un dos contidos.

Ademais, inclúe un breve vídeo de 15 minutos sobre a economía circular.

Unidades Didácticas

  U.D.1. Economía circular

  U.D.2. Eficiencia enerxética

 

Guías didácticas para o docente

Para os profes, achegamos tamén unha guía didáctica cos contidos de cada unha das unidades didácticas.

  Guía didáctica docente U.D.1

  Guía didáctica docente U.D.2

Como veredes, o crecemento e a globalización económica son cuestións clave para entender a importancia da Economía Circular e a Eficiencia Enerxética, e a súa relación co desenvolvemento sostible do planeta.

Recursos didácticos

Esta unidade temática está relacionada cunha das dúas probas obrigatorias contempladas na Olimpíada, concretamente coa Proba 6: Mulleres enerxéticas.

A actividade que vos propoñemos consiste na elaboración dunhas fichas sobre mulleres que desenvolveran ou desenvolven a súa actividade profesional en relación coa enerxía. Nestas fichas incluirase información básica, como lugar e data de nacemento, estudos, contexto social e familiar, carreira profesional, principais contribucións, así como cuestións relativas a factores que determinaron a orientación profesional a este sector e as posibles dificultades atopadas por ser mulleres, de ser o caso.

  • Video formativo:
    En primeiro lugar, proporcionamos este vídeo formativo sobre a situación xeral da muller no ámbito da enerxía, que serve para centrar o contexto e tamén para fomentar o debate na aula.

………………………………………………………………………………………………………………………………………

  • Unidade didáctica:

 U.D. Situación xeral da muller no ámbito da enerxía

………………………………………………………………………………………………………………………………………

  • Fichas de exemplo:

Exemplo de tres fichas elaboradas e descargadas de Canva para entregar en formato pdf.

  MULLERES ENERXÉTICAS

………………………………………………………………………………………………………………………………………

  • Plantillas de deseño:

Achegamos tres plantillas de deseño para maquetar as fichas en Canva. Tede en conta que os elementos bloqueados non se poden editar e deben manterse no mesmo lugar.

ACCESO PANTILLAS CANVA

………………………………………………………………………………………………………………………………………

  • Listaxe de Mulleres Enerxéticas

Cada Centro Educativo participante recibirá unha listaxe con catro nomes de mulleres relacionadas co ámbito da enerxía. Tres entre as que tedes que seleccionar dúas, e unha cuarta con posibilidade de contacto para entrevista, de selección obrigatoria. Esta listaxe enviarémola por correo electrónico ao docente responsable en xaneiro.

Si tedes dúbidas sobre as mulleres enerxéticas, relacionadas con contidos dispoñibles, bibliografías, etc. as dúas investigadoras responsables están á vosa enteira disposición ao longo do desenvolvemento da actividade. Podedes escribirlle en calquer momento ao seu correo de contacto.

En canto a dúbidas relacionadas coa elaboración da ficha, como funcionalidades de Canva, formatos de descarga ou envío de arquivos, contactade no correo: olimpiadaenerxía@uvigo.gal