……………………………………………………………………………………………………………………………….

……………………………………………………………………………………………………………………………….

Contexto

Probablemente pensades que para loitar contra o cambio climático, o mais importante é a substitución das enerxías fósiles por enerxías renovables. E certamente é necesario facelo. Pero a mellora na eficiencia enerxética é probablemente a mellor das opcións, e nalgúns casos a mais barata economicamente. Porque a enerxía que mais reduce os impactos ambientais é a que non se produce nin se consume.

A economía circular é un dos xeitos que temos á nosa disposición para mellorar a eficiencia enerxética. E preguntaraste por que. Pois a razón é moi sinxela: cando reducimos a fabricación e o consumo de produtos, tamén reducimos o elevado consumo de enerxía que levan aparellados.

O obxectivo desta liña temática é que coñezades a relación entre ambas cuestións, a economía circular e a eficiencia enerxética, e o seu papel no obxectivo de acadar un desenvolvemento sostible do planeta.

Recursos didácticos

Nesta unidade temática atoparás dúas presentacións para empregar na aula, que combinan información expositiva con contido interactivo. Tamén se propoñen pequenos debates, moi breves, para provocar a reflexión e o debate aberto sobre cada un dos contidos.

Ademais, inclúe un breve vídeo de 15 minutos sobre a economía circular.

Unidades Didácticas

  U.D.1. Economía circular

  U.D.2. Eficiencia enerxética

Guías didácticas para o docente

Para os profes, achegamos tamén unha guía didáctica cos contidos de cada unha das unidades didácticas.

  Guía didáctica docente U.D.1

  Guía didáctica docente U.D.2

Como veredes, o crecemento e a globalización económica son cuestións clave para entender a importancia da Economía Circular e a Eficiencia Enerxética, e a súa relación co desenvolvemento sostible do planeta.

Investigadores responsables