……………………………………………………………………………………………………………………………….
……………………………………………………………………………………………………………………………….
Contexto
A enerxía térmica é a forma de enerxía máis antiga que se coñece, e tamén unha das máis importantes. Actualmente a enerxía térmica é a responsable de satisfacer a maior parte da demanda enerxética a nivel mundial: transporte, calefacción, innumerables procesos industriais e, tamén, a produción de enerxía eléctrica.
As aplicacións da enerxía térmica son moitas e moi variadas: podemos aproveitala de xeito máis directo como enerxía calorífica para, por exemplo, cociñar, sistemas de calefacción ou sistemas de secado.
Para xerar esta enerxía térmica contamos con recursos como o sol ou o calor do interior da terra, pero tamén son utilizados combustibles renovables como os biocombustibles que pódense obter a partir de residuos tanto naturais como humanos, entre os que queremos destacar a reutilización de aceites de fritura para producir biodiesel o cal o queimarse liberará enerxía térmica a cal poderase utilizar para xerar electricidade e calor.
Recursos didácticos
Para traballar na aula, achegámosvos unhas transparencias con contidos teóricos . Están divididas en 6 unidades didácticas curtas, cada unha centrada nun tema en concreto. Veredes que conteñen numerosos esquemas e grafos, coa idea de que os poidades completar vós coas explicacións que vos proporcione o/a docente.
Unidades Didácticas
U.D.2. Conversión de enerxía térmcia
U.D.3. Fundamentos da combustión
U.D.4 Combustibles convencionais
Guías didácticas para o docente
Para os profes, achegamos tamén unha guía didáctica cos contidos de cada unha das unidades didácticas.
Problemas
Por outra banda, deixámosvos unha colección de problemas sobre combustión e aproveitamento da enerxía térmica.
Solucionario de problemas (solicitar á organización)
Problemas sobre combustión e aproveitamento da enerxía térmica
Investigadores responsables
- Raquel Pérez Orozco
Coordinadora da liña
Máis información - Francisco Deive Herva
Coordinador da liña
Máis información - Salomé Álvarez Álvarez
Investigadora no equipo da liña.
Máis información