……………………………………………………………………………………………………………………………….
……………………………………………………………………………………………………………………………….
Contexto
A análise dos datos indícanos que a participación das mulleres no sector da enerxía mellorou nas últimas décadas, pero aínda se atopa con desafíos significativos. Por exemplo, actualmente as mulleres ocupan menos do 30% dos empregos no sector, cunha presenza aínda menor en roles técnicos e de liderado. É evidente que seguen existindo barreiras ligadas aos estereotipos de xénero, o desigual acceso á formación técnica ou á falta de políticas inclusivas, nalgúns casos.
Este sector é esencial para o desenvolvemento global e destaca pola súa diversidade, abarcando dende as tecnoloxías máis clásicas baseadas en combustibles, até as enerxías renovables ou a eficiencia enerxética. Por outra banda, a transición enerxética cara modelos máis sustentables expón un cambio tecnolóxico e social, no que as persoas que traballan no ámbito da enerxía son elementos clave. Polo tanto, é moi importante fomentar a diversidade en todas as áreas temáticas da enerxía, aproveitando ao máximo todo o talento dispoñible e integrando as perspectivas masculinas e femininas.
O obxectivo desta liña é que coñezades a participación e contribucións relevantes das mulleres no ámbito profesional da enerxía, tanto no que se refire á situación actual como á evolución co tempo, e que poidades reflexionar sobre as dificultades atopadas e como minimizalas.
Recursos didácticos
Esta unidade temática está relacionada cunha das dúas probas obrigatorias contempladas na Olimpíada, concretamente coa Proba 6: Mulleres enerxéticas.
A actividade que vos propoñemos consiste na elaboración dunhas fichas sobre mulleres que desenvolveran ou desenvolven a súa actividade profesional en relación coa enerxía. Nestas fichas incluirase información básica, como lugar e data de nacemento, estudos, contexto social e familiar, carreira profesional, principais contribucións, así como cuestións relativas a factores que determinaron a orientación profesional a este sector e as posibles dificultades atopadas por ser mulleres, de ser o caso.
-
Video formativo:
En primeiro lugar, proporcionamos este vídeo formativo sobre a situación xeral da muller no ámbito da enerxía, que serve para centrar o contexto e tamén para fomentar o debate na aula.
………………………………………………………………………………………………………………………………………
-
Unidade didáctica:
U.D. Situación xeral da muller no ámbito da enerxía
………………………………………………………………………………………………………………………………………
-
Fichas de exemplo:
Exemplo de tres fichas elaboradas e descargadas de Canva para entregar en formato pdf.
………………………………………………………………………………………………………………………………………
-
Plantillas de deseño:
Achegamos tres plantillas de deseño para maquetar as fichas en Canva. Tede en conta que os elementos bloqueados non se poden editar e deben manterse no mesmo lugar.
………………………………………………………………………………………………………………………………………
-
Listaxe de Mulleres Enerxéticas
Cada Centro Educativo participante recibirá unha listaxe con catro nomes de mulleres relacionadas co ámbito da enerxía. Tres entre as que tedes que seleccionar dúas, e unha cuarta con posibilidade de contacto para entrevista, de selección obrigatoria. Esta listaxe enviarémola por correo electrónico ao docente responsable en xaneiro.
Si tedes dúbidas sobre as mulleres enerxéticas, contidos dispoñibles, bibliografías, etc. as dúas investigadoras responsables están á vosa enteira disposición ao longo do desenvolvemento da actividade. Podedes escribirlle en calquer momento ao seu correo de contacto.
En canto a dúbidas relacionadas coa elaboración da ficha, funcionalidades de Canva, formatos de descarga ou envío de arquivos, contactade no correo: olimpiadaenerxía@uvigo.gal
Investigadoras responsables
- María Asunción Longo González
Coordinadora da liña
Máis información - Ana Rodríguez Rodríguez
Investigadora do equipo
Máis información