tematica-1_Energia_sociedad_clima
……………………………………………………………………………………………………………………………….

 

……………………………………………………………………………………………………………………………….

Contexto

A enerxía, a sociedade e o clima están profundamente interconectados. O acceso universal á enerxía é esencial para o progreso humano e está no centro dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable da Axenda 2030. Porén, a produción e o consumo de enerxía xeran arredor do 60% das emisións globais de gases de efecto invernadoiro, agravando o cambio climático.

O gran desafío é atopar un equilibrio entre garantir unha enerxía accesible e sostible para todos e reducir o seu impacto no clima. Nos países desenvolvidos, o reto céntrase en mellorar a calidade, o custo e o impacto ambiental da enerxía; mentres que nos países envías de desenvolvemento, a prioridade é asegurar o acceso a fontes modernas de enerxía.

Para abordar este reto, precisamos unha visión multidisciplinar que fomente vocacións STEM, forme profesionais preparados e promova solucións innovadoras. Ademais, é fundamental avanzar cara a un modelo de economía circular, que maximice o uso dos recursos e minimice os residuos.

Comprender e actuar sobre a interacción entre enerxía, sociedade e clima é clave para construír un futuro sostible para todos.

Recursos didácticos

Para comprender os aspectos básicos da interrelación entre a enerxía, a sociedade e o clima facilitámosvos os seguintes recursos didácticos:

Presentacións (dispoñibles proximamente)

Con contidos que versan sobre:

Que é o cambio climático?

Que causa o cambio climático?

Que son os gases efecto invernadoiro e como se miden?

Que papel ten o sector enerxético na vida das persoas,
no seu día a día e calidade de vida?

Que papel ten o sector enerxético no cambio climático?

Que solucións se están ofrecendo para paliar o cambio climático?

Que é a Axenda 2030 e como afecta a Europa e España?

Xogos (dispoñibles proximamente)

Dous xogos para usar na aula sobre eses contidos

Xogo 1

  Xogo 2

Glosario de termos (dispoñibles proximamente)

 Un glosario de termos sobre cambio climático e sector enerxético.

Este glosario recolle a definición da terminoloxía básica e a súa tradución ao inglés.

Investigadores responsables da liña temática