…………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………

Proba individual obligatoria

proba1.test individual

  • En que consiste?

    Trátase dun exame individual de preguntas tipo test e/ou de resposta curta, que pode incluír a resolución de exercicios de problemas sinxelos.

  • A que contidos se refire?

    Os contidos refírense ás seguintes liñas temáticas: (i) enerxía, sociedade e clima, (ii) enerxía eléctrica, (iii) enerxía térmica, (iv) economía circular e eficiencia enerxética

  • Quen pode participar?

    O centro seleccionará ao alumnado participante na proba (mínimo 1 estudante por centro e máximo 6 estudantes por centro).

  • Cando se realiza a proba?

    O exame realízase presencialmente na Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía na Xornada da Olimpíada.

  • Como se realiza?

    O alumnado participante na proba só poderá portar útiles de escritura, regra e calculadora non programable (modelos permitidos nas probas de acceso á universidade).

Esta proba realízase presencialmente na Xornada da Olimpíada e terá unha duración aproximada de 45 minutos.

Temáticas implicadas na proba