…………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………

Proba en equipo

proba5-debate en grupos

  • En que consiste e como se prepara a proba?

    Trátase dunha proba de equipo. Cada centro recibirá un problema a resolver relativo á elección da tecnoloxía de enerxías renovables máis apropiada para un caso específico.
    O equipo traballa no centro dende xaneiro a abril de 2025, seleccionando a solución, segundo o seu criterio, máis apropiada, prestando especial atención á xustificación da devandita elección.

  • Cando se realiza a proba?

    Posteriormente convocarase aos equipos participantes dos diferentes centros educativos para que participen nun debate no que cada equipo presente e defenda a solución tecnolóxica seleccionada.
    Exporanse debates entre dous ou tres centros educativos. O debate terá lugar o día da Xornada da Olimpíada.

  • Quen pode participar?

    Pode participar o alumnado que o centro seleccione como equipo representante. O número mínimo de integrantes do equipo é 3 e o máximo 5.

Temáticas implicadas na proba