…………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………

Proba en equipo

proba4-fake news

  • En que consiste e como se prepara a proba?

    Trátase dunha proba de equipo. Cada equipo recibirá dúas notas de prensa sobre o sector enerxético, para seleccionar unha. Unha vez seleccionada a nova, o equipo traballa no centro de xaneiro a abril de 2025. O equipo deberá valorar e xustificar se o contido da nova recolle información verdadeira ou falsa.Para preparar a proba impartirase unha sesión formativa sobre como buscar e contrastar información e proporcionaranse fontes de información sobre o tema.
    Posteriormente, o equipo ten que elaborar un póster cun formato establecido, que inclúa o resultado da valoración da noticia. Este exporase impreso o día da Xornada da Olimpíada.
    Na seguinte ligazón podedes acceder a unha plantilla de CANVA que contén a estrutura base común a todos e algúns elementos bloqueados que non debedes eliminar nin mover. Unha vez rematado o póster, hai que descargalo en formato pdf para impresión e envialo ao correo: olimpiadaenrxia@uvigo.gal, indicando o nome do centro.

ACCESO PANTILLA CANVA

  • Cando se realiza a proba?

    O póster enviarase á organización da Olimpíada, que revisará e avaliará o mesmo, expondo, de ser necesario, as correspondentes correccións. O día da Xornada da Olimpíada habilitarase un espazo para expor todos os pósteres impresos.

  • Quen pode participar?

    Pode participar o alumnado que o centro seleccione como equipo representante. O número mínimo de integrantes do equipo é 3 e o máximo 5.

Temáticas implicadas na proba