Investigadora no equipo da liña temática: Produción de enerxía térmica
Contacto: msaa@uvigo.gal
………………………………………………………………..
Grupo de investigación: Biotechnology, Energy and Environmental Engineering (BE3)
……………………………….
Licenciada en Química e doutora en Enxeñaría Química pola Universidade de Vigo. As súas principais liñas de investigación enfócanse na produción de biocombustibles mediante procesos de biocatálisis, así como no desenvolvemento de métodos biocompatibles para a extracción de contaminantes e produtos químicos con valor engadido.
Levou a cabo estancias de investigación en institucións internacionais, como a Universidade de Princeton (EE. UU.), a Universidade Nova de Lisboa (Portugal) e o Instituto Politécnico de Viana do Castelo (Portugal). Ademais, mantén unha activa colaboración con diversos grupos de investigación tanto nacionais como internacionais.
A súa traxectoria científica reflíctese na publicación de artigos académicos, presentacións en congresos, unha patente, e a organización de eventos relacionados coa I+D. No ámbito docente, impartiu diversas materias, codirixiu teses doutorais e traballos de fin de máster e grao. Así mesmo, participa no programa STEMbach e en múltiples actividades de divulgación científica.