Coordinadora da liña temática: Produción de enerxía térmica
Contacto: rporozco@uvigo.es
………………………………………………………………..
Grupo de investigación: Grupo de Tecnoloxía Enerxética (GTE)
……………………………….
Graduada en Enxeñería da Enerxía e doutora en Eficiencia enerxética. Centra a súa liña de investigación na sostibilidade e eficiencia enerxética de sistemas térmicos de combustión de biomasa, redución de emisións gasosas en combustión e tecnoloxías de captura e almacenamento de CO2.
É coautora de máis de 20 artigos JCR, máis de 30 contribucións a congresos e codirixiu 2 teses de doutoramento. Participou en máis de 10 proxectos de investigación subvencionados e/ou en colaboración con empresa, relacionados todos eles coa optimización dos sistemas térmicos para a mellora da eficiencia enerxética nos edificios.
Ten experiencia en programas de fomento de inquietudes científico-tecnolóxicas a escolares en programa STEMbach e é mentora en Inspira STEAM. Dende 2018, é membro activo da comisión de divulgación da Escola de Enx. de Minas e Enerxía. Dende 2023 é Subdirectora de Divulgación Científica desta escola. Tamén é membro dos grupos de innovación docente XEODA e GTEyE. Ademais, participou nos proxectos FECYT “Ciencia de ida e volta” (2021-2022) e “A Caixa Sostible” (2022-2023).