Investigador no equipo da liña: Economía circular e eficiencia enerxética
Contacto: miguel.r@uvigo.gal
………………………………………………………………..
Grupo de investigación: Director do grupo de investigación GEN (Governance, Economics and Nature)
……………………………….
Doutor en Economía pola Universidade de Vigo e MSc in Economics pola Universidade de Londres.
As miñas preocupacións, tanto nas actividades de investigación como de docencia, céntranse no ámbito da Economía Circular (enerxía e cambio climático, biomasa, auga, materiais), métodos de análise (por exemplo, métricas de eficiencia e produtividade, Análise do Ciclo de Vida e a súa simbiose coa Análise Custo Beneficio), así como modelos matemáticos aplicados (modelos de simulación, estatística, etc.).
Como consecuencia do anterior, participei en múltiples proxectos de investigación (Horizon, Life, etc.), e tamén como avaliador externo de proxectos de investigación, xa sexan autonómicos, nacionais ou para a Comisión Europea.
O meu obxectivo sempre foi trasladar á sociedade os resultados da miña actividade investigadora mediante actividades de transferencia de coñecemento (por exemplo, difusión, consultoría, etc.), como o desenvolvemento da Estratexia Galega de Economía Circular 2030 para a Xunta de Galicia.