Investigadora no equipo da liña temática: Enerxía, sociedade e clima
Contacto: maraujo@uvigo.gal
………………………………………………………………..
Grupo de investigación: Xestión Segura e Sostible de Recursos Minerais (GESSMin)
Enxeñeira de minas e doutora en tecnoloxía ambiental. Centra a súa investigación en dúas liñas principais: (i) a modelización e optimización da explotación de recursos mineiros, e (ii) a mellora de procedementos de control e tratamento de datos dentro do ámbito ambiental.
Nestes últimos anos, centra a súa investigación no campo da xestión e control de calidade das augas, sendo investigadora principal dos proxectos MLFWATER (PID2020-116013RB-I00, convocatoria Retos Investigación 2020) e DLWATER (PID2023-148012OB-I00, convocatoria Generación de Conocimiento 2023).
É membro activo da comisión de divulgación da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía, sendo responsable de divulgación deste centro durante os anos 2010 -2013 e participando en diversos proxectos de divulgación: Energía, materiales y Medio Ambiente: recursos esenciales y singulares en la Tierra (FECYT 2013), La Caja Sostenible (FECYT 2020), Galician Night of Researchers / GNIGHT (2021).
Actualmente é Subdirectora de Planificación e Organización Docente do centro e coordinadora na UVIGO do Máster Universitario en Xestión Sostible da Auga.