francisco deive herva

tematica 3

Coordinador da liña temática: Produción de enerxía térmica

Contacto: deive@uvigo.es

………………………………………………………………..

Grupo de investigación: Biotechnology, Energy and Environmental Engineering (BE3)

btn-orcid

……………………………….

Químico e doutor en Enxeñería Química. Investigador no campo do tratamento de augas estudando a viabilidade de utilizar métodos físicos e biotecnolóxicos para eliminar eficazmente da auga diversidade de contaminantes como tinguiduras industriais, fluídos de corte da industria metalúrxica, hidrocarburos aromáticos policíclicos, antibióticos ou fármacos.

Ademais, foi investigador principal dun proxecto do ministerio centrado na eliminación de contaminantes emerxentes de efluentes acuosos (desde o ano 2012 ata o ano 2014) e dirixiu 3 teses de doutoramento nesta temática.

Formou parte da Rede Galega de Tratamento de Augas (ReGaTa) e da rede Bioauga. No últimos tres cursos académicos participou en 7 proxectos STEMbach.