Coordinadora da liña temática: Muller e enerxía
Contacto: mlongo@uvigo.gal
………………………………………………………………..
Grupo de investigación: Bioenxeñaría e procesos sostibles (BIOSUV)
……………………………….
Licenciada en Química Industrial (Universidade de Oviedo), Máster e Doutora en Biotecnoloxía (Universidade de Mánchester e INSA de Toulouse), realiza a súa actividade docente e investigadora no Departamento de Enxeñaría Química da Universidade de Vigo. As súas liñas de investigación céntranse en procesos biotecnolóxicos de interese industrial, microorganismos extremófilos, produción de biocombustibles e uso de disolventes de deseño en biocatálisis.
Dirixiu e participou en numerosos proxectos financiados por institucións públicas e empresas, que deron lugar a unha notable produción científica en revistas internacionais de prestixio. Destaca a intensa actividade directiva e de xestión, en postos de responsabilidade como o de Vicerreitora de Investigación e Transferencia ou o de Xestora de programas de I+D da Xunta de Galicia, entre outros. Así mesmo, colabora como avaliadora para diversas axencias de investigación e acreditación en España, Europa e Latinoamérica.
Participou en proxectos nacionais e internacionais de innovación docente e divulgación científica, destacando a perspectiva de xénero na enxeñaría e a interacción con estudantes de educación secundaria (proxectos STEMbach, programas de divulgación).