Karina Perez

Comunicación e imaxe. Apoio en coordinación

Contacto: olimpiadaenerxia@uvigo.gal

……………………………………………………………………………………..

Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade Complutense de Madrid. Posteriormente, enfoca seus estudos na Técnica de deseño gráfico, web e contido multimedia. A través da startup compostelá Sdweb recibiu o Premio INNOVA-G 2011 – MELLOR DESEÑO PARA TODOS, pola comunidade web Turismo na Terrachá.

Durante máis dunha década traballou nas áreas de publicidade e comunicación corporativa para empresas privadas de diferentes sectores industriais. Nos últimos anos, adícase a docencia en Formación Profesional da familia das Artes Gráficas, actividade que conecta coa colaboración en proxectos de divulgación científica na Universidade de Vigo.