Investigador no equipo da liña temática: Produción de enerxía térmica
Contacto: patinho@uvigo.es
………………………………………………………………..
Grupo de investigación: Grupo de Tecnoloxía Enerxética (GTE)
……………………………….
Enxeñeiro Técnico Industrial en Mecánica (2003), Enxeñeiro Industrial (2006) e Doutor pola Universidade de Vigo en 2009. Catedrático de Universidade na área de máquinas e motores térmicos dende 2023. A súa actividade docente céntrase principalmente na Enxeñería Térmica e os Motores e Turbomáquinas Térmicos.
Os seus intereses de investigación son os sistemas de combustión (biocombustibles e hidróxeno), redución de emisións e eficiencia enerxética. É coautor de máis de 65 artigos JCR (h-index=26) e participou en máis de 50 proxectos de investigación subvencionados e/ou en colaboración con empresa.
Realizou estancias de investigación no estranxeiro en Edith Cowan University (Australia) e a Universidade de Ostrava (República Checa). Dirixiu/codirigido máis de 40 Proxectos Fin de Carrera, 45 Traballos Fin de Grao e 10 Traballos Fin de Máster. Censor de revistas JCR e avaliador experto ANEP desde 2013. Goza de 3 sexenios de Investigación (2006-2011, 2012-2017, 2018-2023) e 3 quinquenios docentes (2009-2013, 2014-2018, 2019-2023).
Coordinador do grupo de Innovación Docente GTEyE. Subdirector da Escola de Minas e Enerxía entre 2013 e 2020 e director de Área de Titulacións da Universidade de Vigo dende 2020 ata 2024. Dende 2019 colabora en programas de fomento de inquietudes científico-tecnolóxicas a escolares a través do programa STEMbach.