Todo o alumnado participante na I Olimpíada da Enerxía recibirá un diploma e unha medalla de participación xunto cun pequeno agasallo da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía. Ademáis, levaredes posta unha camiseta de algodón da I Olimpíada da Enerxía.
Os premios oficiais son os seguintes:
Premios por proba
Para cada unha das seis probas dótanse tres premios (primeiro, segundo e terceiro). A dotación dos premios depende das entidades que apoian economicamente a actividade. En calquera caso, proporcionarase esta información coa debida antelación antes da fase de traballo nos centros (xaneiro 2025).
Premios ao centro educativo (un premio por categoría de centro)
A dotación dos premios aos centros educativos será:
>> Premio centro ESO e/ou Bacharelato: 400 euros
>> Premio centro Ciclo Superior FP: 400 euros
Premios Enerxéticas
Atendendo ao impulso ditado pola LOMLOE no incremento da presenza de alumnas en estudos do ámbito das ciencias, tecnoloxía, enxeñaría e matemáticas, así como nos ensinos de formación profesional con menor demanda feminina, concédense dous premios adicionais, que serán compatibles cos premios anteriores e que se repartirán da seguinte forma:
>> 1º Premio para a primeira alumna clasificada
>> 2º Premio para a segunda alumna clasificada