Así foi a proba “Test teórico” na Xornada da I Olimpíada da Enerxía. Galería de fotos

Esta proba obrigatoria realizouse presencialmente na Xornada da Olimpíada e tivo unha duración aproximada de 45 minutos. Cada centro debía participar cun mínimo de un/ha participante e un máximo de 6.

A proba consistiu na realización dun exame individual de preguntas tipo test e/ou de resposta curta, que incluiu a resolución de exercicios de problemas sinxelos.

Os contidos correspondían cas seguintes liñas temáticas: enerxía, sociedade e clima, enerxía eléctrica, enerxía térmica,  economía circular e eficiencia enerxética.