Así foi a proba “Práctica Arduino” na Xornada da I Olimpíada da Enerxía. Galería de fotos

Equipo do IES Nº1 de Carballiño - Proba kit Arduino

Esta proba consistiu na automatización e programación dun sistema de placa solar fotovoltaica, coa axuda dun kit Arduino.

Os centros participantes nesta proba recibiron unha caixa cos materiais e instrucións para programar o sistema. O equipo traballou  no centro de xaneiro a abril de 2025.

Na Xornada da Olimpíada fixeron o ensamblado final e demostraron o funcionamento do sistema.