Así foi a proba “Divulgación Científica” na Xornada da I Olimpíada da Enerxía. Galería de fotos

Alumnado do CIFP Universidade Laboral de Culleredo participandop na Proba de Divulgación Científica
Proba Divulgación Científica

Os equipos participantes na proba “Divulgación Científica” recibiron nos centros educativos dous temas/conceptos para escoller un. Os temas propostos foron os seguintes:

  1. Como se xera a enerxía eléctrica nun parque eólico?
  2. Como se xera a enerxía necesaria para refrixeración, calefacción e auga quente sanitaria para unha casa con xeotermia?
Unha vez seleccionado o tema o equipo traballouno no centro e preparou os materiais e recursos que consideraron oportunos: gráficos, presentacións, vídeos, maquetas, infografías, carteis, probas experimentais, xogos, etc.… Para explicarlle ao alumnado do IES de Valadares (público non especializado) o tema elixido.
A proba levouse a cabo o día da Xornada da Olimpíada (9 abril), onde cada equipo explicou o tema nun tempo limitado de máximo 15 minutos. Tamén responderon ás preguntas e cuestións que expuso o colectivo de interese.
Ao rematar a proba fíxose un pequeno cuestionario ao público de cada equipo para comprobar se aprenderan algo durante a explicación.
Un equipo de profesorado da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía foi o tribunal encargado de puntuar aos equipos participantes.