Cada vez son máis as mulleres que elixen dedicarse ao mundo da industria por vocación e van gañando relevancia e protagonismo no sector enerxético.
Susana Benedicto, coordinadora de Transformación Industrial do Complexo da Coruña, é unha das referentes do sector elixida por alumnos de secundaria do IES David Bujan de Cambre (A Coruña) para realizar con éxito una das probas da I Olimpíada da Enerxía.
O certame que celebra a súa primeira edición en Galicia é un proxecto de divulgación científica orientado a ampliar o coñecemento e comprensión da ciencia e a tecnoloxía e levado a cabo pola Universidade de Vigo.
A coordinadora de Transformación Industrial do Complexo recibiu aos estudantes nas instalacións coruñesas e tras ofrecerlles unha xornada divulgativa para coñecer o traballo de Repsol na Coruña, animou ás alumnas a non perder a oportunidade de penetrarse e formarse nas disciplinas científicas e STEM.
Ler máis na fonte: web repsol